Anna Bolena (Donizetti)
Anna Bolena Ana Bolena | |
---|---|
Retrato de Ana Bolena. | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 2 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Felice Romani |
Fontes literarias | Henri VIII de Marie-Joseph Chénier e Anna Bolena de Alessandro Ercole conde Pepoli |
Estrea | 26 de decembro de 1830 |
Teatro da estrea | Teatro Carcano |
Lugar da estrea | Milán |
Duración | 3 horas 15 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Gaetano Donizetti |
Personaxes | |
Enrico VIII (baixo |
Anna Bolena (en galego Ana Bolena) é unha ópera en dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Felice Romani, baseado en Enrico VIII ossia Anna Bolena de Ippolito Pindemonte e Anna Bolena de Alessandro Pepoli, ámbalas dúas sobre a vida de Ana Bolena, a segunda esposa do rei Henrique VIII de Inglaterra. Foi estreada no Teatro Carcano de Milán, o 26 de decembro de 1830.
O dúo "Sul suo capo aggravi un Dio" entre Ana (soprano) e Xoana Seymour (mezzosoprano) está considerado un dos mellores de todo o repertorio operístico. Esta ópera forma parte dunha serie de óperas de Donizetti que tratan do período Tudor na historia de Inglaterra, e que inclúe Roberto Devereux (titulada así polo suposto amante da raíña Isabel I de Inglaterra), Maria Stuarda (titulada así por María I de Escocia) e Il castello di Kenilworth. Os principais papeis femininos das óperas Anna Bolena, Maria Stuarda, e Roberto Devereux son decotío coñecidos como as "Tres Raíñas de Donizetti."
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Repartimento na estrea, 26 de decembro de 1830 (Director: - ) |
---|---|---|
Anna Bolena (Ana Bolena) | soprano | Giuditta Pasta |
Enrico (Henrique VIII) | baixo | Filippo Galli |
Giovanna Seymour (Xoana Seymour), dama de compañía de Anna | mezzosoprano | Elisa Orlandi |
Lord Rochefort (Xurxo Bolena), irmán de Anna | baixo | Lorenzo Biondi |
Lord Percy | tenor | Giovanni Battista Rubini |
Smeton (Mark Smeaton), músico | contralto | Henriette Laroche |
Hervey, oficial da corte | tenor | Antonio Crippa |
Cortesáns, soldados, cazadores |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 151. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ A Guía visual de la Ópera, Espasa, sinala mezzosoprano.
- ↑ Guía visual de la Ópera, Espasa.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |